1.4. O ADN.
O ADN, ou ácido
desoxirribonucleico, é unha biomolécula encargada de almacenar a información
xenética. Atópase no núcleo das células eucariotas. Está formado pola unión de
pequenas unidades chamadas nucleótidos. Cada nucleótido está formado por tres
moléculas:
-Monosacario.
-Monosacario.
-Ácido fosfórico.
-Unha base
nitroxenada, que pode ser Adenina (A), Timina (T), Citosina (C), e Guanina(G).
A
secuencia das bases nitroxenadas e a que vai facer que un ADN sexa diferente
doutro. A molécula de ADN está formada por dúas cadeas de nucleótidos unidas
entre sí formando a dobre hélice e de forma complementaria, o que significa que
un nucleótido de guanina aparece con un de citosina e o de adenina cun de
timina.
A doble hélice foi descuberta por Crick, Watson e Rosalyn Franklin. (completar).
En cada ciclo de
reprodución celular, a cadea de ADN ábrese, dando lugar, finalmente, a dúas
cadeas de ADN idénticas a inical. Este
proceso denomínase replicación e realízase en tres fases:
1º fase: a replicación comeza coa separación das dúas cadeas da dobre hélice.
1º fase: a replicación comeza coa separación das dúas cadeas da dobre hélice.
2º
fase: cada cadea duplícase de xeito independente, servindo cada unha delas de
molde para crear a cadea complementaria mediante o acoplamento de nucleótidos.
3ºfase:
o resultado final son dúas novas dobres hélices, idénticas a inicial.
Co descubrimento
da dobre hélice, pronto se descubriron os mecanismos polos cales a información
contida no ADN se trasladaba ou se expresaba en características dos organismos.
Estes mecanismos resúmense no chamado dogma central da bioloxía molecular, que
di:
-A información xenética flúe dende o ADN ata a proteína coa intermediación dos ARN. O ARN é unha molécula constituída por nucleótidos, pero neste caso non os hai de timina senón de uracilo (U). Hai tres tipos de ARN:
-ARNmensaxeiro: é o que trancribe o ADN que posteriormente traducirá as proteínas. Son moléculas de cade simple.
-ARNribosómico: forma parte dos ribosomas que colaboran na tradución.
-ARNtransferente: ten forma de trébol. Interven na tradución e atópase disperso no citoplasma.

-As reacción so
se levan a cabo se existen as proteínas, e estas so se atopan nos individuos
que leven o xene correspondente nas súas células.
-O traslado da información, ou síntese de proteínas acontece en dúas etapas: transcrición e tradución.
A trascrición é o paso de ADN a ARNmensaxeiro. Ocorre no núcleo.
-O traslado da información, ou síntese de proteínas acontece en dúas etapas: transcrición e tradución.
A trascrición é o paso de ADN a ARNmensaxeiro. Ocorre no núcleo.
A
tradución é a transformación de ARNmensaxeiro a proteínas (biomoléculas
formadas por longas cadeas dunhas unidades chamadas aminoácidos). No corpo
humano hai 20 aminoácidos diferentes que se poden unir entre si de formas moi
diversas dando moitos tipos de proteínas.